CENTROS SOCIOCULTURAIS

Actividades para todos e de balde no Centro Sociocultural de Conxo

20/07/2006 No que queda de mes de xullo continúan a desenvolverse as diversas actividades programadas polo Centro Sociocultural de Conxo. Cursos, excursións, xogos e cine ao aire libre integran a ampla oferta do centro para estes días estivais.

Entre as actividades previstas para os vindeiros días figuran os xogos con auga o venres 21. Para o xoves 27 de xullo está prevista unha excursión a Cerceda. Igualmente, continúan os cursos de informática, os de italiano e inglés e as actividades semanais: os mércores, taller de adiviñas e xogos por equipos; os xoves, contaxogos de verán e xogos tradicionais; e os sábados, taller de marcapáxinas e xogos ao aire libre.

Para o venres 28 de xullo está prevista a gran festa final coa que se porá o peche a este mes cheo de actividades.

Documentos relacionados



Compartir: