CULTURA

Santi Millán chega a Compostela para presentar en Falabaratos "Santi Millan Live!"

22/01/2014 Tras as Noites de Retranca e o espectáculo de Quico Cadaval chega agora a terceira das propostas do ciclo Falabaratos para este 2014. Será Santi Millán, que estará en Compostela presentando o seu espectáculo Santi Millán Live, co que logo de acadar o éxito en Barcelona decidiu saír de xira. Estará este xoves 23, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 17 euros (12 anticipada) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443.

Santi Millán Live! é un monólogo cheo de humor, sexo, música onde a improvisación e as notas musicais son a clave do éxito. Un espectáculo de humor ao máis puro estilo do showman máis divertido, polifacético e irreverente do panorama nacional. Santi Millán Live! conta coa colaboración do cómico revelación Javi Sancho, un alumno avantaxado de Santi que acompaña ao anfitrión co seu espectáculo por toda a súa xira nacional.

Santi bromea acerca do seu soño de ser unha estrela da canción, así que finalmente decidiuse a estrear un grande espectáculo para levar ao teatro tres das súas grandes paixóns: a música, o sexo e o humor.

Compartir: