DEPORTES

Repaso ás instalacións deportivas municipais

22/01/2014 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou varias instalacións deportivas municipais, con fin de avaliar os danos causados polos últimos temporais e, en xeral, o seu estado actual. Coñecidas as necesidades dos diferentes campos e pavillóns, programaranse os investimentos e as obras de mantemento para o exercicio 2014.

A visita incluíu os estadios de San Lázaro, Sergas, As Cancelas, Santa Isabel, Villestro e Belvís, e os pavillóns de Monte dos Postes, Apóstolo Santiago, Vite e Vite I, Lorenzo de la Torre, Pío XII, Santa Isabel, Roxos, Quiroga Palacios, Pontepedriña, Restollal e Lamas de Abade, así coma o pavillón da chave en Galeras.

Compartir: