ALCALDÍA

Disposición municipal a colaborar coa Cátedra de Traballo Autónomo e con outras accións de fomento do emprendemento

10/01/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co secretario xeral da Asociación de Autónomos de Galicia, Lisardo Domínguez, e á directora do seu departamento xurídico, María Jesús González.

Tras o encontro, Ángel Currás expresou a "satisfacción por recibir a unha entidade, que ten 30.000 asociados, nun momento difícil, cunhas circunstancias económicas que levaron por diante a moitos autónomos, especialmente individuais". Os representantes dos autónomos galegos explicáronlle ao alcalde como lles afectan cuestións como a Lei de Emprendemento ou os problemas de financiamento.

Outro dos temas da xuntanza foi a Cátedra de Traballo Autónomo posta en marcha na Universidade de Santiago e que este ano inicia as súas actividades, de carácter trimestral. A formación inicial destas primeiras sesións centrarase na nova normativa do IVE.

O alcalde amosou a disposición municipal a colaborar nesta Cátedra e tamén a través das iniciativas da Concellería de Economía e Emprego, que dende o Cersia xa vén poñendo en marcha diversos programas e actuacións de fomento do emprendemento.

Compartir: