CULTURA

"Ñam!", un espectáculo de Caramuxo Teatro para bebés na Zona C

02/01/2014 O ciclo Infantil & Familiar trae á zona C (Bonaval, 1) Ñam!, un espectáculo de Caramuxo Teatro para bebés, que en catro funcións, venres 3 e sábado 4, permitirá sentir e saborear en familia o atraínte mundo da cociña. Un goloso espectáculo recomendado para nenos de 1 a 6 anos, acompañados de adultos, onde público e actores compartirán o mesmo escenario.

Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. Ñam é un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Entradas á venda na billeteira do Teatro Principal e na Zona C (os días do espectáculo) a 5 euros. As familias poden beneficiarse do bono 4 x 3 (15 €).

Compartir: