CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os nenos e nenas do programa de conciliación de Nadal dos CSC visitaron a pista de xeo da Alameda

02/01/2014 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiu á visita de agasallo que realizaron á pista de xeo da Alameda os 32 nenos e nenas e seis monitores que participan nos CSC de Conxo e de Santa Marta nas Mañás de Nadal, a proposta de conciliación deste Departamento, incluída á súa vez no programa Vive o Nadal. As Mañás de Nadal continuarán nas xornadas do venres 3, o martes 7 e o mércores 8 de xaneiro.

Xa a piques de que cheguen os Reis Magos de Oriente, os seus paxes continúan achegándose aos centros para recoller as últimas cartas dos nenos. Este xoves 2, os paxes visitarán o LSC de Casa Agraria ás 18:00 horas, o LSC de Villestro ás 18:15 horas e o LSC da Peregrina ás 19:00 horas.

O venres 3 de xaneiro, as visitas previstas son: CSC das Fontiñas (18:00 horas); LSC de Busto (18:15 horas); CSC de Santa Marta, LSC da Gracia e LSC de Marrozos (19:00 horas); e LSC do Casco Histórico e LSC de Laraño (19:45 horas). E o sábado 4 de xaneiro, os paxes estarán ás 12:00 horas no LSC das Cancelas e, ás 18:30 horas, no CSC da Trisca.

O programa Vive o Nadal segue desenvolvéndose con moi boa acollida. Ademais, os centros socioculturais gozaron tamén do recoñecemento á súa participación no Concurso de Beléns do Concello deste Nadal, no que foron premiados os traballos belenísticos dos rapaces dos centros da Gracia, Vite e Fontiñas.

Compartir: