XUVENTUDE

Mozos e mozas aprenderon a realizar un menú creativo para estas datas do Nadal

23/12/2013 A Concellería de Xuventude organizou o taller de cociña Nadal entre amigos. Mozos e mozas a partir de 16 anos aprenderon nel a realizar un menú creativo acorde coas datas de Nadal co que sorprender aos amigos.

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou nesta sesión de dúas horas e media, celebrada en Hello Cooking.

Aínda queda outro obradoiro de cociña para este Nadal, o titulado Doces de Nadal. Celebrarase no mesmo lugar o 30 de decembro, de 19:00 a 21:30 horas. O seu prezo é de 10 euros.

Compartir: