CENTROS SOCIOCULTURAIS

Felicitación de Nadal dende a Rede de Centros Socioculturais

19/12/2013 A Concellería de Centros Socioculturais felicita o Nadal e desexa un venturoso 2014 co seu Lip Dub (vídeo musical) rodado o pasado ano e actualizado para este como felicitación de Nadal.

Son protagonistas deste vídeo mais de 800 veciños, usuarios e usuarias dos centros socioculturais das Fontiñas, Vite, Conxo, Castiñeiriño, O Ensanche, A Trisca, Marrozos, A Gracia, Marantes, A Rocha, Laraño, Villestro e Figueiras, e tamén o propio concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

O obxectivo do vídeo é a difusión da extensa programación e dos servizos que presta a rede sociocultural municipal. Estreouse hai un ano, o 28 de decembro, no acto inaugural do Centro Sociocultural de Santa Marta.

O Lip Dub pode verse nas redes Youtube e Vimeo.

Compartir: