SERVIZOS BÁSICOS

O servizo de recollida do lixo incorpora dous novos vehículos

18/12/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación de dous novos camións que se suman á flota de vehículos de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo no concello de Santiago. A adxudicataria conta en total cuns 52 vehículos para a prestación do servizo.

Estes dous camións, que teñen un custo duns 330.000 euros, substitúen a dous de características semellantes cunha antigüidade de dez anos. Estes cambios están previstos no prego de condicións do contrato, de xeito que estas dúas unidades tamén se amortizarán en dez anos.

O primeiro dos vehículos incorporados serve para a recollida de residuos sólidos urbanos e envases lixeiros de carga lateral. Equipado con cinco tele cámaras e un monitor de cabina para visualización dos colectores, posúe un elevador para contedores de 1.800, 2.400, 3.200 e 4.000 litros.

O outro vehículo é un camión, apto para montaxe de grúa e volquete, destinado á recollida de vidro e voluminosos. Está equipado cunha grúa de 1.600 quilogramos e con plataforma elevadora de guías de 1.000 quilogramos.

Compartir: