RELACIÓNS VECIÑAIS

O Consello de Relacións Veciñais renova os seus membros para os vindeiros catro anos

17/12/2013 A Concellería de Relacións Veciñais, unha vez concluído o prazo de 5 días hábiles sen que se presentará ningunha reclamación á lista provisional de candidatos electos, fixo pública a lista definitiva de integrantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais. Agora só queda o nomeamento oficial por parte da Corporación municipal.

Os representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais durante os vindeiros catro anos serán: polo ámbito urbano, Mª Teresa Barral Ameigeiras (A.VV. Brañas de Andrés), Germán Hermida Noval (A.VV. Monte do Gozo), Alexandre Quiñoá Casteleiro (A.VV. de Pontepedriña) e Juan José Álvarez Carril (A.VV. de Sar); e polo ámbito rural, Mª Jesús Chenel Blanco (A.VV. da Gracia) e José Cebey Aldrey (A.VV. Coto da Nai).

O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, saudará persoalmente os representantes veciñais na recepción cidadá prevista para este mércores 18, ás 20:00 horas, no Pazo de Raxoi.

Compartir: