COMERCIO

Un mundo de ilusións ópticas neste Nadal

16/12/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras Reyes Leis e María Pardo, asistiu á apertura da exposición-espectáculo Ver para crer, do Mago Romarís, dentro do programa #nadalamos?. A mostra estará aberta no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia (rúa do Vilar, 19) ata o 4 de xaneiro.

Esta exposición didáctica e interactiva amosa aos visitantes diferentes ilusións e efectos ópticos, provocando a admiración e a sorpresa dos rapaces e rapazas. Os primeiros afortunados en contemplar a mostra foron os escolares do CEIP de Vite

A exposición pode visitarse do 16 de decembro ao 4 de xaneiro en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, agás o 24 e o 31 de decembro, que estará aberta só de 11:00 a 14:00 horas, e o 25 de decembro e 1 de xaneiro, que permanecerá pechada.

Compartir: