ALCALDÍA

Os veciños de Angrois recibiron o premio Averroes de Ouro Cidade de Córdoba

14/12/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á entrega aos veciños de Angrois do premio Averroes de Ouro Cidade de Córdoba 2013 aos valores humanos. Este galardón, entregado nun acto no Teatro Góngora, foi outorgado pola Asociación de Informadores Técnico Sanitarios "Círculo Cultural Averroes".

Os veciños Angrois suman así un recoñecemento máis ao seu labor solidario e humanitario no accidente ferroviario do 24 de xullo. O xurado resaltou o "modelo de solidariedade espontánea" destes cidadáns. O galardón foi recollido por dous veciños.

Compartir: