RELACIÓNS VECIÑAIS

Publicada a lista provisional dos candidatos electos ao Consello de Relacións Veciñais

11/12/2013 A Concellaría de Relacións Veciñais fai públicos os resultados da xornada de votacións de representantes veciñais ao Consello de Relación veciñais, celebrada na xornada do martes.

O proceso desenvolveuse sen incidencias e pechouse cunha moi alta participación (un 70%) por parte das asociacións de veciños, feito que salientou e agradeceu o concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya. Ao rematar, procedeuse á proclamación provisional dos/das candidatos/as elixidos/as como representantes veciñais no referido Consello.

Polo ámbito urbano, resultaron elixidos Germán Hermida Nova (AVV Monte do Gozo), Mª Teresa Barral Ameigeiras (AVV As Brañas de Andrés), Juan José Álvarez Carril (AVV de Sar) e Alexandre Quiñoá Casteleiro (AVV de Pontepedriña). Polo ámbito rural, os máis votados foron José Cebey Aldrey (AVV Coto da Nai de Aríns) e Mª Jesús Chenel Blanco (AVV A Gracia).

Concédese un prazo de cinco días hábiles para a presentación de reclamacións a esta lista. O proceso de eleccións finalizará o 16 de decembro coa proclamación definitiva dos representantes electos por un prazo de catro anos.

Compartir: