ECONOMÍA

Xornada sobre emprendemento no CGAC

11/12/2013 A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ao Encontro Galicia Emprende "O novo impulso da Xunta á creación de empresas", promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

A xornada contou cun relatorio titulado "Emprender en tempos revoltos", a cargo de Fernando Salinero. A continuación celebrouse unha mesa redonda sobre "experiencias e inquedanzas dos emprendedores". O evento foi clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Compartir: