INFRAESTRUTURAS

Compostela verá reparadas varias beirrarúas dos seus barrios

04/04/2005 A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto "Reposición de beirarrúas en barrios do Concello", que se executará en dous meses e terá un orzamento total de 60.000 euros.

A proposta do Concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama, a Xunta de Goberno Local celebrada o luns 4 de abril vén de aprobar o prego de condicións e inicio do expediente de contratación das obras de reposición de beirarrúas en varios barrios do Concello.

O orzamento total para a execución desta contrata é de 60.000 euros (IVE incluído) e o prazo de execución é de dous meses.



Compartir: