CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ademais, no mes de xaneiro poranse en marcha os dous obradoiros semestrais da Escola de Maxia, para os que hai 30 prazas dispoñibles.
Obradoiro de maxia no Castiñeiriño
05/12/2013 O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu o último dos tres obradoiros de maxia programados dentro de Vive o Nadal. Os anteriores celebráranse en Vite e Santa Marta.
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, quixo compartir esta tarde de maxia cos nenos e nenas e cos magos Xacobe e Richard. Ademais, a maxia continúa dentro de Vive o Nadal, con actuacións o 16 de decembro, ás 21:00 h, no LSC de Figueiras; o 27 de decembro, ás 18:30 h, no CSC do Castiñeiriño; e o 30 de decembro, ás 18:30 h, no CSC do Ensanche. Todos eles serán de entrada libre ata completar o aforo.Ademais, no mes de xaneiro poranse en marcha os dous obradoiros semestrais da Escola de Maxia, para os que hai 30 prazas dispoñibles.