CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita co baile na Casa das Asociacións

04/12/2013 Este sábado 7 de decembro, nova cita co programa Imos ao baile 2013, das concellerías de Centros Socioculturais e de Relacións Veciñais. Será na Casa das Asociacións (Rúa de Manuel Beiras, 3 – Cornes) a partir das 17:30 horas.

O grupo Luzada amenizará esta nova sesión de baile. Como sempre, a participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo do recinto.

Aínda quedan outras dúas sesións de baile neste mes de decembro. Serán o día 21 nos centros socioculturais de Vite e de Santa Marta, amenizadas, respectivamente, polos grupos Caché e Zeltia.

Compartir: