ALCALDÍA

Ruta literaria polo Mar de Arousa e Ulla

03/12/2013 A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, inaugurou a exposición Guía literaria do Mar de Arousa e Ulla no Pazo de Fonseca. A segunda tenente de alcalde, Amelia González, asistiu á apertura da mostra xunto a outros representantes dos 21 municipios membros do Padroado da entidade.

A exposición permite atopar algúns dos nomes máis ilustres das letras galegas, nados nas terras polas que transcorre a Ruta, como Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Castelao, Dieste, Ramón Cabanillas, Paio Gómez Chariño, Manuel Antonio, Macías o Namorado...

A mostra leva asociada unha guía impresa dirixida ao visitante e turista para que poida coñecer o primeiro dos Camiños de Santiago, o da Traslatio, dende a perspectiva da súa riqueza cultural e literaria.

Compartir: