XUVENTUDE

Segunda sesión do curso de retoque dixital organizado pola Concellería de Xuventude

29/11/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na segunda sesión do Curso de iniciación ao retoque dixital. Photoshop I, organizado polo seu Departamento e que se celebra no Centro Sociocultural Xuvenil Municipal do Ensanche. O curso remata este sábado, 30 de novembro.

Neste obradoiro, de 15 horas de duración, participan de balde mozos e mozas a partir de 16 anos. O obxectivo é que adquiran unha serie de coñecementos básicos para o correcto uso do programa Photoshop.

Compartir: