ALCALDÍA

Recoñecemento a máis de 50 anos de traxectoria de Jesús Alonso Fernández á fronte do Grupo Jealsa-Rianxeira

28/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do Premio á Excelencia Empresarial que o Club Financeiro de Santiago outorgou a Jesús Alonso Fernández en recoñecemento á súa traxectoria á fronte do Grupo Jealsa-Rianxeira. O acto, celebrado no Pazo de San Lourenzo, estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa presenza de empresarios de toda Galicia.

Este galardón do Club Financeiro pretende recoñecer as boas prácticas corporativas das empresas galegas. A primeira edición do Premio recaeu en Jesús Alonso Fernández, valorando así os seus máis de 50 anos á fronte do Grupo Jealsa-Rianxeira, a primeira produtora de conservas de pescado en Europa, cunha facturación superior aos 550 millóns de euros.

Compartir: