CENTROS SOCIOCULTURAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Novas citas co programa "Imos ao baile"

21/11/2013 Este sábado 23 de novembro, novas citas co programa Imos ao baile 2013, da Concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Nesta ocasión, un baile en Meixonfrío e outro en Fecha.

No Local Sociocultural da Casa Agraria (rúa de Tabaniscas, 12 – Meixonfrío), a partir das 18:00 horas, sesión amenizada polo grupo Caché. E a partir das 22:00 horas, no Local Sociocultural de Santa Cristina de fecha (lugar de Roxido, 8), baile co grupo Glamour.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo das dúas localizacións.

O programa ten preparadas sesións de baile ata o mes de decembro.

Compartir: