TURISMO

Santiago volverá a ter conexión aérea con Roma durante o verán

20/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, anunciaron a apertura dunha nova conexión internacional en Lavacolla, co aeroporto de Fuimicino, en Roma. Dende o 21 de xuño e ata o 12 de setembro, Vueling operará este voo con dúas frecuencias semanais.

Tanto o rexedor como a edil expresaron a súa confianza no éxito da ruta, polo que non descartaron que a compañía aérea poida ampliar a mesma máis alá do 12 de setembro se funcionan ben as vendas. Lembrou Ángel Currás, que esta conexión con Roma é unha vella aspiración de Santiago, que recupera así o enlace despois de varios anos de ausencia.

Anunciaron que o Goberno local segue mantendo contactos con outras compañías aéreas, ás que se lles están trasladando os intereses de Santiago en canto a novas rutas. "Esperamos noticias positivas", apuntou Reyes Leis ao respecto.

Compartir: