ALCALDÍA

Curtocircuíto estrea director, Pela del Álamo, e novas datas para a súa semana oficial

20/11/2013 Do 9 ao 13 de decembro celebrarase a semana oficial da décima edición do Festival Internacional de Cutrametraxes Curtocircuíto. O certame estrea director, Pela del Álamo, quen foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

Curtocircuíto naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. Coa intención de seguir consolidando este certame chega á dirección Pela del Álamo, quen substitúe a Tim Redford.

O alcalde expresoulle a Pela del Álamo os seus mellores desexos e aludiu á súa recoñecida traxectoria profesional. Neste sentido, lembrou o premio que vén de recibir ao mellor documental español no festival canario Miradas Doc por Nacional VI.

Pola súa parte, Pela del Álamo Pela amosou a súa satisfacción por asumir a dirección de Curtocircuíto e indicou que Santiago "é un caramelo polo publico do que dispón".

Compartir: