EDUCACIÓN

Os pequenos e pequenas das escolas infantís municipais celebraron o Día do Neno

20/11/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu aos actos con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno celebrados na Escola Infantil de Fontiñas.

Os pequenos participaron na elaboración dunha bola do mundo na que se pegaron siluetas feitas por eles e as mensaxes que fixeran previamente en colaboración cos seus pais. Tamén se fixo unha solta simbólica de globos brancos a favor dos dereitos do neno.

As escolas infantís municipais de Conxo e de Salgueiriños acolleron actividades similares, segundo indicou a concelleira, que as enmarcou na programación preparada polo Concello con motivo deste Día Internacional dos Dereitos do Neno. Así, lembrou a xornada lúdica vivida o sábado 16 no Palacio de Congresos e a celebración nesta mesma xornada dun pleno infantil en Raxoi.

Compartir: