BENESTAR SOCIAL

Conclúe o proxecto sobre vulnerabilidade social desenvolvido en Fontiñas co alumnado do IES Antonio Fraguas

19/11/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, moderou no Centro Sociocultural das Fontiñas a mesa redonda de clausura do proxecto A nosa vida… en positivo?: vulnerabilidade social en adolescentes, reflexións técnicas e experiencias vitais.

Con esta mesa redonda pechouse o proxecto desenvolvido ao longo dos meses de outubro e novembro con alumnado de Secundaria e Bacharelato no IES Antonio Fraguas, en Fontiñas. Foi unha experiencia con enfoque preventivo na que se traballou co alumnado sobre temas da vida cotiá, relacionados con dificultades que poden atopar no proceso de crecemento persoal.

Neste encontro final no CSC de Fontiñas participaron membros do Equipo Técnico de Menores da Coruña, do programa de prevención de condutas infractoras de Arela, da Fiscalía de Menores de Pontevedra e do Centro de Educación Permanente de Adultos da Consellería de Educación destinados no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Compartir: