ALCALDÍA

Audiencia do Rei aos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade

18/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os outros 12 alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participarán mañá martes, 19 de novembro, nunha audiencia concedida polo Rei de España con motivo do vixésimo aniversario da constitución do Grupo.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España declaradas pola UNESCO está formado por Santiago de Compostela, Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Segovia, Tarragona e Toledo.

Segundo destaca a propia Casa Real na súa axenda, constituíuse en 1993 para actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio histórico e cultural das cidades que o compoñen e defender intereses comúns, estudar solucións a problemas similares e promover un turismo cultural e de calidade histórica e artística a través das súas cidades.

Compartir: