XUVENTUDE

Obradoiro de cociña de outono promovido pola Concellería de Xuventude

16/11/2013 A Concellería de Xuventude organizou unha recollida de cogomelos e, posteriormente, en Hello Cooking, un obradoiro de cociña no que se se prepararon as setas recolectadas.

Este obradoiro permitiu aos participantes experimentar na cociña cuns ingredientes moi propios da época do outono como son as setas, mostrando pratos divertidos e orixinais. A xornada comezou cunha saída cun experto micólogo, co que se recolleron as setas comestibles, e rematou acudindo aos fogóns para cociñalas e degustalas. Este taller de seis horas estaba dirixido a mozos e mozas a partir de 16 anos.

Compartir: