OFRENDA

O presidente da Xunta será Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo

11/07/2006 O Rei Juan Carlos designou ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, como Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o martes 25 de xullo na Catedral de Santiago.

É a primeira ocasión na que Emilio Pérez Touriño, como xefe do Executivo galego, oficiará de Delegado Rexio nos actos da ofrenda do Apóstolo do 25 de xullo. A decisión foille comunicada esta mañá ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, polo xefe da Casa Real.

Nos últimos anos, desde 1999, Juan Carlos I realizou a ofrenda en dúas ocasións, 1999 e no 2004, ambos Anos Xubilares; o ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o ex presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003, e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, nos anos 2001 e 2005.

Compartir: