ALCALDÍA

Reunión de traballo entre Concello, Cámara de Comercio e Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre

13/11/2013 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, xunto coas concelleiras de Turismo, Reyes Leis; Facenda, Cecilia Sierra; e Urbanismo, María Pardo, mantiveron hoxe no Pazo de Raxoi unha reunión de traballo co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na que analizaron as principais demandas e necesidades destes colectivos, co fin de afincar as liñas de colaboración cara o futuro.

Ámbolos dous presidentes, que estiveron acompañados por directivos destes organismos, explicáronlle ao alcalde as súas principais reivindicacións. En particular, falaron dos accesos ao polígono do Tambre, da conexión coa autopista AP-9 e dos enlaces cos novos polígonos.

Tamén centraron a reunión os temas de comercio, emprego e turismo, lembrando que o Concello firmou o pasado mes un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio a través do que está en marcha un programa de creación e consolidación de empresas e autoemprego. Outro dos asuntos de debate foi a situación aeroportuaria.

Compartir: