CULTURA

Funboa Escénica propón outras catro funcións de "Sigue buscando"

13/11/2013 Despois das catro funcións da semana pasada, teremos outras catro de Sigue buscando con Funboa Escénica. Será dende este xoves e ata o domingo 17 ás 20:30 horas, a excepción do domingo, que é ás 19:30 horas. O prezo para as funcións é de 8 euros, a excepción do xoves, día do espectador, que é a 6 euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na propia Zona C os días de evento.

Funboa Escénica, Cristina Balboa e Estevo Azañón, afirman que "cando o fracaso trunfe teremos éxito. Despois dun ano comprometidas co fracaso, facéndolle as beiras, chamando por el, provocándoo, despois de longas charlas con botellas de coca cola baleiras, e con taciñas de té, chegamos a unha conclusión: cando o fracaso trunfe teremos éxito".

Dirección: Cristina Balboa.
Creación e interpretación: Estevo Azañón e Cristina Balboa.
Espazo sonoro: Iago Seoane e Joel Fontán.
Espazo Escénico, vestiario e maquillaxe: Funboa Escénica.
Iluminación e asesoramento coreográfico: Paulina Funes.
Deseño gráfico: Paulina Funes e Cristina Balboa.
Vídeo: Iago Seoane e Cristina Balboa.
Tradución: Natalia Vázquez .

Compartir: