ALCALDÍA

O alcalde recibiu o novo embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez

07/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o novo embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez. O diplomático está de visita en Galicia, onde está a manter diversos contactos institucionais con motivo do seu recente nomeamento.

Ángel Currás desexoulle sorte nas súas novas responsabilidades, que implican directamente a Santiago, cidade que alberga o Consulado de Cuba en Galicia. Así, Eugenio Martínez acudiu a Raxoi acompañado do cónsul, José Antonio Solana. Na reunión tamén se falou sobre a posibilidade de incrementar as colaboracións en materias como o turismo ou as actividades culturais.

Compartir: