ALCALDÍA

Unha mostra de acuarelas de Segundo Hevia inicia as actividades de homenaxe ao artista

06/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración dunha exposición de 80 acuarelas de Segundo Hevia na Fundación Novacaixagalicia.

Esta mostra inicia unha serie de eventos de homenaxe a Segundo Hevia, nos que o Concello colabora con outras catro institucións: Cámara de Comercio, Real Aeroclub, Real Sociedade Económica de Amigos do País e Fundación Novacaixagalicia.

As actividades complétanse cun ciclo de conferencias que se iniciou tamén nesta xornada. Encargouse desta primeira entrega, titulada "Difusión europea do Camiño de Santiago a través das acuarelas de Segundo Hevia", José Carro Otero.

Compartir: