DEPORTES

Recoñecemento a unha nova temporada de éxitos do Triatlón Arcade Inforhouse

06/11/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a segunda tenente de alcalde, Amelia González, recibiron en Raxoi a unha representación do club compostelán Triatlón Arcade Inforhouse.

O Concello quixo así felicitar ao club santiagués por unha nova temporada de éxitos e polo importante traballo de canteira que vén realizando dende a súa creación hai xa 18 anos. Nesta temporada 2013, o equipo masculino de elite foi o primeiro clasificado na Liga Nacional de Clubs. O conxunto feminino quedou en terceiro lugar. Ademais, os corredores das categorías absoluta, cadete, junior e sub-23 obtiveron resultados destacados tanto nos circuítos galegos de triatlón e duatlón.

Compartir: