IGUALDADE

Concello e Xunta realizarán accións conxuntas en materia de loita contra a violencia de xénero e de igualdade

06/11/2013 A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao reuniuse coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, coa que puxo en común as actuacións que se están a levar a cabo na loita e eliminación da violencia de xénero.

Na reunión abordouse a coordinación das accións previstas para o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. A maiores desta celebración, Xunta e Concello teñen previsto seguir traballando de xeito conxunto nos vindeiros meses tanto en materia de Igualdade de oportunidades como na loita contra a violencia de xénero.

A concelleira e a secretaria xeral louvaron o traballo que están a desempeñar o persoal do Centro de Información á Muller, e así quedou reflectido na subvención de 56.000 euros que recibe o Concello este ano por parte da Secretaría Xeral da Igualdade.

Compartir: