CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita con Compostela Cine Classics

06/11/2013 A Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta acolle a penúltima proxección do programa Compostela Cine Classics 2013. Será este venres, 8 de novembro, ás 20:30 horas.

Proxectarase o filme Os xoves, milagre (1957), de Luis G.Berlanga. Posteriormente, coloquio con de Ana Gontad Fontán, blogueira e investigadora de Historia do Cine da USC. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala.

Compartir: