CULTURA

Under’18 presenta a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California na Capitol

31/10/2013 Chega de novo á cidade Coca-Cola Music Experiencie Under’18, enmarcado dentro do ciclo Compostela Rock. Será este venres 1 de novembro, na Sala Capitol, cando poderemos escoitar a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California. As entradas, a 16 euros máis gastos, poden mercarse na rede Ticketmaster e na billeteira do Teatro Principa,l que está aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Auryn, o grupo emerxente con máis éxito do momento, é unha das apostas fortes desta edición. Dende que comezasen a súa carreira no 2008 non deixaron de cultivar éxitos cun estilo baseado no pop británico e cancións pegadizas como "Heartbreaker" ou "Make my day".

Outra cabeza de cartel será Xuso Jones, un mozo murciano que está a revolucionar o mundo do pop grazas a internet e as redes sociais e que forma parte do elenco do programa Tu cara me suena.

Aínda por riba, tamén se contará coa presenza de Sweet California, a primeira girlband española que vén pegando forte co seu primeiro single "Infatuated", e de Critika&Saik, o grupo revelación da tempada, que co seu tema "Imposible olvidar" logrou superar o seis millóns de reproducións en Youtube e que presentará en breve o seu novo éxito, "Un juguete más".

A xira pasará polas principais salas de Santiago, Oviedo, Salamanca, Granada e Málaga.

Compartir: