ECONOMÍA

Certificados de calidade para seis empresas polo seu labor investigador e innovador

29/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou os certificados de calidade da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Turismo, Comercio e Emprego, Reyes Leis; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, e o director xeral de EQA Sistemas (European Quality Assurance Spain), Antonio Almodóvar.

Seis empresas recibiron estas credenciais, que recoñecen o seu labor en investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación: Ednon, Primux, Elinco Construcciones Eléctricas, Sivsa Sistemas Informáticos, Castelo e Euroespe. A pertenza á FEGAPE fai posible que as empresas poidan beneficiarse de proxectos de desenvolvemento de negocio asumindo menores custos.

Compartir: