CENTROS SOCIOCULTURAIS E OBRAS

Visita aos barrios de Santa Marta e Conxo

24/10/2013 Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visitaron Santa Marta e Conxo. Estiveron nos seus centros socioculturais, con intensa actividade este outono, e analizaron algunha demanda veciñal para estes barrios.

No CSC de Santa Marta, o Concello preparou para este outono un total de 33 actividades, nas que houbo 580 preinscritos e, finalmente, 370 inscritos. A estas accións municipais hai que sumar as das asociacións veciñais, os programas Máis Teatro e Compostela Cine Classics, a exposición de Fran Lareo, a ludoteca, a biblioteca e acceso a internet de balde. Este CSC de Santa Marta converteuse no de máis participación da rede.

Xa en Conxo e acompañados por membros da Asociación de veciños Conxo Aberto, Juan de la Fuente e Francisco Noya visitaron a zona da Fervenza. O edil responsable da Brigada de Vías e Obras confirmoulles que se vai elaborar un proxecto de obra que incluirá asfaltado, formigonado, eliminación de maleza e colocación de puntos de luz. Estará listo antes de final deste ano.

Compartir: