CENTROS SOCIOCULTURAIS

Exposición de Fran Lareo no Centro Sociocultural de Santa Marta

21/10/2013 O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle do 22 de outubro ao 5 de novembro a exposición de escultura Pequeno formato, de Fran Lareo.

A exposición amosa dez traballos do autor en pequeno formato que queren ilustrar o "pequeno mundo do artista". Fran Lareo é un escultor autodidacta que nos achega toda a súa creatividade e paixón polos pequenos obxectos que xorden da súa relación reflexiva e fluída coa fantasía.

Esta mostra de Fran Lareo pode visitarse no horario do CSC de Santa Marta, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Direccións relacionadas



Compartir: