EDUCACIÓN

Estadía de educación ambiental nun albergue rural de Arbo

04/07/2006 Do 6 ao 12 de xullo e do 17 ao 23 de xullo un grupo de nenos disfrutará do albergue rural de O Coto, en Arbo, nunha actividade organizada pola Concellería de Educación co apoio da Sociedade Cooperativa Galega.

A estadía desenvolverase no Concello de Arbo, na comarca da Paradanta (Pontevedra). Arbo sitúase a carón do río Miño na parte suroriental da provincia de Pontevedra, con moitas posibilidades e recursos para gozar do medio natural e da súa paisaxe. Na redonda existen espacios naturais asociados ao río Miño e paisaxes humanizadas pero de gran beleza, como a dos viñedos.

Moi próximo está Portugal, onde está prevista unha visita ao parque nacional de Peneda Geres, a un conxunto etnográfico de muíños restaurados, a vila portuguesa de Melgaço con balneario e torre e a vila monumental de Tui.

O Albergue do Coto está situado na parroquia de San Xoán de Arbo, a carón do río Deva. Está formado por tres edificios rústicos (albergue, comedor-cociña e sala de tempo libre e actividades)

Na localidade de Arbo existe centro de saúde, médico de atención primaria e farmacia a 1,5 km. Durante todo o campamento dispoñerase dun coche de apoio para atender calquera necesidade que poida xurdir nos días de estancia.

A coordenación e monitoraxe deste campamento será levada por cem, s.coop.galega, empresa de educación ambiental que desenvolve esta actividade co Concello de Santiago desde o ano 2000.

Os educadores e educadoras de cem desta estancia posúen a titulación correspondente para desenvolver o programa proposto, e teñen varios anos de experiencia acreditada. O equipo educativo estará composto respectivamente nas dúas quendas por dous educadores e un coordenador .

O equipo educativo compleméntase co persoal de cociña e servizo de limpeza de albergue e o seu coordenador. Ademais contaremos con personal especializado para determinadas actividades, como na actividade deportiva en contacto coas augas do río e guías en determinados centros de visitantes.

Compartir: