CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cheo en Santa Marta para asistir ao concerto familiar "Fantasía animada"

20/10/2013 A Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta encheu as súas 150 prazas, cubertas de balde previa recollida de invitación, para asistir á segunda edición do concerto "Fantasía animada", a cargo da Banda Municipal de Música, no marco do ciclo Compostela Cine Classics 2013. Á vista do éxito, repetirase experiencia no Nadal.

Esta actuación, dirixida ao público familiar, fixo un percorrido polas bandas sonoras de grandes clásicos de animación, con proxección audiovisual das pezas interpretadas.

Compartir: