BENESTAR SOCIAL

Santiago acolleu o II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral

19/10/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ao II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral, que se celebrou na Facultade de Psicoloxía.

"As familias de persoas con dano cerebral adquirido: soporte e acción" é o lema que protagonizou o II Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organizou este encontro para contar cun foro de debate, posta en común e axuda mutua das familias de persoas con dano cerebral adquirido organizadas en torno ás súas asociacións, con sede na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo.

O II Foro de Familias celebrouse este mes coincidindo coa conmemoración do Día do Dano Cerebral -o 26 de outubro-, e contou cunha novidade particular: a entrega do I Premio FEGADACE ao programa da Radio Galega Convivir en Igualdade.

Compartir: