NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello e a Cámara de Comercio preparan o XIV Premio Manuel Beiras

18/10/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio co fin de ultimar os detalles da convocatoria da XIV edición do Premio Manuel Beiras. Na xuntanza tamén participaron a responsable do Departamento de Lingua Galega, Socorro García Conde e, pola Cámara, Fernando Barros e María Montoto.

O Premio Manuel Beiras recoñece o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega. Calquera empresa ou comercio que estea radicado no noso municipio pode optar ao premio. Poden propoñelo os seus representantes ou propietarios ou tamén pode suxerilo calquera persoa ou entidade que o considere merecente deste galardón. O certame será presentado en breve en rolda de prensa.

Compartir: