XUVENTUDE

Continúa no IES de Sar o Obradoiro de Iniciación á Pintura Paisaxística

17/10/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou o Obradoiro de Iniciación á Pintura Paisaxística, que se desenvolve no IES de Sar. Dezaoito mozos e mozas participan neste curso, impartido polo artista Xoty de Luis e que comezou o 10 de outubro.

Este Obradoiro de Iniciación á Pintura Paisaxística está organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración co IES de Sar. Alumnos do Bacharelato Artístico participan neste curso, de 30 horas de duración, no que, partindo de paisaxes de Braque e de Van Gogh, traballan enfoque, composición, estrutura e desestruturación da paisaxe na pintura abstracta.

As técnicas empregadas ao longo do curso son a acuarela, lápiz e técnicas mixtas sobre soporte ríxido. O traballo organizado por este obradoiro estará recollido nunha posterior exposición organizada pola Concellería de Xuventude.

Compartir: