CENTROS SOCIOCULTURAIS

Xornadas Micolóxicas en Conxo

16/10/2013 O Centro Sociocultural de Conxo organiza novamente unhas Xornadas Micolóxicas. Desta vez preparouse unha conferencia, un roteiro micolóxico e unha proxección de diapositivas. A cita cos cogomelos, o venres 18 e o sábado 19 de outubro.

Este venres, ás 20:30 horas, o CSC de Conxo acollerá unha conferencia titulada "Algúns cogomelos bos comestibles", a cargo de José María Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo.

O sábado ben cedo, ás 9:30 horas, sairán do propio CSC os participantes no roteiro micolóxico ao Pedroso, unha boa oportunidade para descubrir e identificar cogomelos. Esta actividade require inscrición previa.

Xa pola tarde, ás 17:30 horas, exposición, identificación e estudo dos cogomelos a través dun pase de diapositivas. Repasaranse as especies máis interesantes.

Compartir: