CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberta a inscrición para o segundo obradoiro do Outono Fotográfico 2013

15/10/2013 A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha dous obradoiros de iniciación á fotografía dixital enmarcados no festival Outono Fotográfico 2013, cuxo programa expositivo se presentará en breve.

Os dous obradoiros, denominados "Fotos con letra", serán impartidos por Víctor Barro. Están dirixidos a persoas sen coñecementos previos de fotografía. Realizaranse no Local Sociocultural de Pontepedriña (rúa de Amor Ruibal, 26 - baixo)

O primeiro obradoiro, coas prazas xa cubertas, iniciarase este mércores 16 de outubro e rematará o 6 de novembro. Para o segundo dos obradoiros aínda hai prazas. Desenvolverase os mércores 4 e 11 e o venres 13 de novembro, e o mércores 18 de decembro, en sesións de 17:00 a 20:00 horas.

Os interesados en participar poden acceder á paxina web do Outono Fotográfico 2013 para obter a información e inscribirse.

Documentos relacionados



Compartir: