CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os CSC colaboran co Albergue Xoán XXIII na recollida de pantalóns

14/10/2013 O Albergue Xoán XXIII precisa pantalóns para homes das tallas 40 a 44. Os centros socioculturais colaboran nesta recollida de prendas, facilitando a súa entrega polos cidadáns.

Aqueles cidadáns que non poidan achegarse ata o Albergue para deixar os pantalóns, poden deixalos nos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Ensanche, Castiñeiriño, Conxo e Santa Marta.

Compartir: