BENESTAR SOCIAL

O Camiño de Santiago, unha ruta para a inclusión social e a superación

13/10/2013 Por décimo ano consecutivo, peregrinos con discapacidade realizaron o Camiño de Santiago coa Fundación También e o apoio da Fundación Adecco. Á súa chegada á praza do Obradoiro foron recibidos pola concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, e polo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén.

Handbikes e triciclos para persoas con discapacidade física, intelectual, psíquica e sensorial tomaron a Ruta Xacobea para por de manifesto que o deporte é unha gran ferramenta para a inclusión social de todas as persoas con discapacidade. Os peregrinos, que saíran de Fontelas (Arzúa), chegaron a Santiago tras percorrer preto de 40 quilómetros.

Compartir: