CULTURA

A Banda Municipal de Música súmase cun concerto especial ao bicentenario do nacemento de Richard Wagner

11/10/2013 A Banda Municipal de Música celebrará un novo concerto este domingo 13 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal. Neste ocasión e baixo a dirección de Casiano Mouriño, a formación súmase ao bicentenario do nacemento do compositor Richard Wagner (1813-1883) interpretando pezas de tres das súas óperas.

Na primeira parte do concerto, a Banda Municipal tocará Tannhäuser (Marcha da Ópera – Coro de Peregrinos), As Walkirias (Cabalgata) e Rienzi (Abertura), todas elas óperas de Richard Wagner. Na segunda parte, interpretará outras tres composicións doutros autores: Folk song suite, de R. Vaughan Williams (primeira vez pola Banda); La leyenda del beso (Selección), de Reveriano Soutullo; e La Dolores (Gran Xota da Ópera), de Tomás Bretón.

Concerto familiar o domingo 20 de outubro
O seguinte concerto da Banda Municipal de Música terá lugar o domingo 20 de outubro, ás 12:30 horas. Nesta ocasión, os músicos trasladaranse á Sala Agustín Magán (Centro Sociocultural de Santa Marta) para interpretar Fantasía animada, unha recompilación de temas musicais dos filmes de Disney

Compartir: