NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Presentación do libro "Aquel neno", de Xosé Neira Vilas

10/10/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu na Libraría Pedreira á presentación do libro Aquel neno, de Xosé Neira Vilas. Ademais do autor, no acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o ilustrador Xosé Vizoso.

Aquel neno é unha lembranza de como eran os nenos hai 70 anos, a través de 160 capítulos ilustrados con outros tantos debuxos de Xosé Vizoso.

Compartir: